El Secretario de la Peña de la Boina José Vidal recibiendo las llaves de nuestro local
DOG Núm. 132Venres, 12 de xullo de 2019Páx. 32808
III. OUTRAS
DISPOSICIÓNS
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
RESOLUCIÓN
do 9 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se
adxudica a autorización de uso dos locais solicitados no procedemento con
código PR701A, ao abeiro da Orde do 16 de xaneiro de 2019 pola que se
establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública, en réxime de
concorrencia, para a ocupación temporal, para usos sociais, culturais ou
sanitarios, dos locais destinados para tal fin no Edificio Administrativo da
Xunta de Galicia, na rúa Benito Corbal de Pontevedra (Diario Oficial de Galicia
número 14, do 21 de xaneiro).
Tras a sesión que tivo lugar o día 9 de xullo de 2019,
a comisión de valoración recollida no artigo 11.3 da Orde do 16 de xaneiro de
2019 (DOG núm. 14, do 21 de xaneiro), pola que se establecen as bases
reguladoras e a convocatoria pública, en réxime de concorrencia, para a
ocupación temporal, para usos sociais, culturais ou sanitarios, dos locais destinados
para tal fin no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na rúa Benito
Corbal de Pontevedra, emitiu un informe coa mesma data. Consonte o recollido no
artigo 11.4 da devandita orde, vista a proposta de resolución elaborada polo
órgano instrutor do procedemento,
RESOLVO:
Primeiro. Desestimar a solicitude feita pola
Asociación Amigos do Camiño dos Xograres e Trobadores e das Rutas Xacobeas, por
non cumprir cos requisitos que establece o artigo 4 da orde de convocatoria
para poder ser beneficiario.
Segundo. Ter por desistidas as solicitudes feitas pola
Asociación de Constructores de Pontevedra e polo Club Atletismo Rías Baixas,
por non emendar, no prazo establecido no artigo 7 da orde de convocatoria, os
defectos atopados nas súas solicitudes.
Terceiro. Publicar no anexo 1 desta resolución a
puntuación obtida polos solicitantes trala valoración feita pola comisión.
Cuarto. Consonte o recollido no artigo 13.2. da orde
de convocatoria, adxudicar aos solicitantes que se inclúen na relación
recollida no anexo 2 desta resolución a autorización de uso de locais. Estes
acadaron valoración suficiente ata o esgotamento dos locais dispoñibles. Tal e
como establece o artigo 13.3. da orde da convocatoria, os solicitantes dun
local tipo B, que non puideron acadar un local desta tipoloxía por se esgotar,
adxudicóuselles un local do tipo A.
Os solicitantes que aparecen na relación do anexo 2
desta resolución, de conformidade co artigo 14 da orde da convocatoria,
recibirán mediante o Sistema de notificación electrónica de
Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de
Galicia (https://sede.xunta.gal) unha comunicación individual desta resolución.
Unha vez recibida esta, o/a representante da/s entidade/s beneficiaria/s
disporá dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da
notificación, para comunicar, electronicamente, a aceptación da autorización
para o uso do local e das condicións contidas nela, ou ben comunicar a súa
renuncia ao concedido, empregando, en todo caso, o documento que se recolle no
anexo IV da orde da convocatoria.
Quinto. Contra esta resolución poderase interpoñer
recurso potestativo de reposición ante o vicepresidente e conselleiro de
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos termos previstos nos
artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de
outubro).
Pontevedra, 9 de xullo de 2019
Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO 1
RELACIÓN DE SOLICITANTES AOS
CALES SE ADXUDICA A AUTORIZACIÓN
DE USO DE LOCAIS, POR ORDE DE PUNTUACIÓNS
DE USO DE LOCAIS, POR ORDE DE PUNTUACIÓNS
Puntuación
final
|
Concedido
|
||
Asociación
|
Total
|
Local A
|
Local B
|
Asociación
para a loita contra enfermidades do ril (ALCER)
|
83
|
1
|
|
Red Madre
|
80
|
1
|
|
Fundación
Meniños
|
78
|
1
|
|
Asociación
española contra o cáncer. Xunta provincial de Pontevedra (AACC)
|
75
|
1
|
|
Fundación
Amigos de Galicia
|
73
|
1
|
|
Cruz Roja
española
|
73
|
1
|
|
Acción
solidaria de Galicia
|
69
|
1
|
|
Asociación
amigos e amigas do Camiño Portugués a Santiago (AACPS)
|
68
|
1
|
|
Asociación
montañeiros A Roelo (Aromon)
|
67
|
1
|
|
Asociación
sociosanitaria enfermedades inflamatorias intestinales y ostomizados (ASSEII)
|
|||
OS de Algures
|
65,5
|
1
|
|
Sete
Espadelas
|
|||
Asociación de
diagnosticados de cáncer de mama (Adicam)
|
64
|
1
|
|
Asociación de
persoas xordas de Pontevedra (APXP)
|
61
|
1
|
|
Amigos de
Pontevedra
|
61
|
1
|
|
Asociación
galega contra as enfermidades neuromusculares (ASEM Galicia)
|
59
|
1
|
|
Agrupación
folklórica Celme
|
59
|
1
|
|
Peña da boina
|
59
|
1
|
|
Sociedad
deportiva Teucro Pontevedra
|
56
|
1
|
|
Xoga
|
55
|
1
|
|
Asociación
provincial amas de casa y consumidores Rías Baixas
|
55
|
1
|
|
Confraría Nª
Sra do Refuxio A Divina Peregrina
|
54
|
1
|
|
Asociación
cultural Trepia
|
54
|
1
|
|
Ateneo
Pontevedra
|
53
|
1
|
|
Asociación
jóvenes empresarios Pontevedra (AJE PO)
|
53
|
1
|
|
Asociación
oficina de voluntariado
|
50
|
1
|
|
Club
Waterpolo PO
|
50
|
1
|
|
Asociación de
párkinson da provincia de Pontevedra
|
50
|
1
|